Presentación da investigación do Laboratorio Ecosocial do Barbanza e principios de sostibilidade para unha próxima convocatoria de proxectos

Data do evento
Venres 9 de abril de 12:00 a 13:30
Orde do día
- Conclusións da primeira fase da investigación
- Principios para iniciativas sostibles, que servirán como base da convocatoria de proxectos da segunda fase do Laboratorio, que arrincará nas vindeiras semanas
- Presentación do libro Cando eramos sostibles Aprendendo no Barbanza as claves do futuro, que recolle o traballo desenvolvido durante a primeira fase da investigación
Interveñen
- Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) - Borja Baselga Canthal
Director da Fundación Banco Santander - David Chipperfield
Presidente da Fundación Rede de Innovación Arousa (RIA) - Lourenzo Fernández Prieto
Catedrático de Historia Contemporánea da USC - Equipo da Fundación Ría Fundación RIA
Acceso á publicación Cando eramos sostibles. Aprendendo no Barbanza as claves do futuro
Cando eramos sostibles. Aprendendo no Barbanza as claves do futuro, a publicación que recolle as conclusións do primeiro ano de investigación do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, centra a súa mirada nunha rexión moi concreta de Galicia, a península do Barbanza, para poñer en valor as formas de manexo do territorio levadas a cabo historicamente polas comunidades locais e impulsar iniciativas na rexión que se rexan polos mesmos principios de sustentabilidade. De todo este proceso extráense leccións coas que amosar posibles achegamentos a cuestións económicas, sociais e ambientais que son relevantes alén deste territorio.
A publicación será gratuíta e a súa descarga poderá realizarse a partir do venres 9 de abril en barbanzaecosocial.org, a páxina web do Laboratorio Ecosocial del Barbanza.
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza é un proxecto coordinado pola Fundación RIA que conta co apoio do grupo HISTAGRA da Universidade de Santiago de Compostela na parte de investigación. O proxecto foi posible grazas á cofinanciación da Fundación Banco Santander e a colaboración da Cátedra Juana de Vega.