Histagra no European Social Science of History Conferece (ESSHC-2021)

Histagra no  European Social Science of History Conferece (ESSHC-2021)

 

Os investigadores de HISTAGRA Lourenzo Fernández Prieto e Bruno Esperante Paramos, participan hoxe xoves no European Social Science of History Conferece (ESSHC-2021). O congreso celébrase de forma virtual entre os días 24, 25 e 26 de marzo do 2021.

 

Defenderán a comunicación: Technology and Industrial Farming in Rural Galicia 1959-1986:

 

Este traballo analiza os cambios tecnolóxicos no rural galego. Céntrase na adopción de tractores por parte da gandería láctea e analiza o seu papel na transformación de pequenos agricultores familiares en produtores a escala industrial. Faise especial fincapé na identificación dos perfís sociais dos adoptantes e as súas estratexias para a incorporación de novas tecnoloxías nas súas explotacións de leite. Este artigo amosa como o cambio tecnolóxico pode ser importante para as transformacións culturais na agricultura e agroindustria españolas. 

 

Ver o programa aquí: https://esshc.socialhistory.org/conference/programme?day=80&time=214&session=4460