O antropólogo da UTAD Xerardo Pereiro dona a HISTAGRA unha colección de entrevistas sobre a Raia galaico-portuguesa

O antropólogo da UTAD Xerardo Pereiro dona a HISTAGRA unha colección de entrevistas sobre a Raia galaico-portuguesa

 

O profesor da UTAD Xerardo Pereiro ven de donar ao Grupo HISTAGRA  57 entrevistas sobre a violencia franquista na raia galaico-portuguesa. Trátase dos traballos realizados no marco dun proxecto de investigación coordinado polo profesor Pereiro no que participaron alumnos e alumnas da UTADe onde se realizaron historias de vida, baixo o tema: As memórias sociais da represión pós Guerra Civil española na Raia Galego-Portuguesa.

 

O programa de investigación proposto centrouse no problema da represión pós-guerra civil española e as súas consecuencias sociais na raia luso-galega. Dado que a raia luso-galega é ampla, delimitouse territorialmente o problema de investigación na raia seca, concretamente na raia de Trás-os-Montes (concellos de Chaves e Montalegre) conGalicia. Tamén foi feita algunha cala no concello de Vinhais, veciño de A Gudiña e de Vilardevós (Ourense).

 

A técnica de investigación escollida foi a historia de vida, xa que se adecua perfectamente ao obxectivo de investigación: É a través da vida dos entrevistados como podemos comprender mellor aquel tempo e aqueles espazos