MUNDOS RURAIS EMERXENTES: NOVAS ENCRUCILLADAS E RETOS FUTUROS

Encontros de investigación 2020

 

“MUNDOS RURAIS EMERXENTES: NOVAS ENCRUCILLADAS E RETOS FUTUROS”

 

Os encontros de investigación “Mundos Rurais Emerxentes”, organizado polo Grupo de Estudos Territoriais (GET) da Universidade da Coruña, indagan nos recentes procesos de  desconfiguración e  reconfiguración social de territorios rurais ao longo das dúas primeiras décadas do séculoXXI. Dende a súamultifuncionalidade como espazos de produción agraria ou enerxética, de tránsito, de recreación e uso turístico, ou como provedor de recursos ás cidades (por exemplo, auga) ou receptor de lixo urbano, distintos mundos rurais fóronse configurando e  reinventando de moitas maneiras distintas, transformándose, mutando, aparecendo e desaparecendo a medida que as súas funcións ían cambiando.

 

Nesta ocasión participa nos encontros o IP de HISTAGRA Lourenzo Fernández Prieto, o día 16 de decembro ás 18:45. 

 

 

DEBIDO ÁS MEDIDAS TOMADAS A CAUSA DA COVID-19 O EVENTO SERÁ TRANSMITIDO POR TEAMS EN ABERTO:

 

https://teams.microsoft.com/l/meetup-join/19%3ameeting_ZTFmYjIwMWQtNGVmYy00YzU4LTkxOTMtNzMwZDdmZDZjODNi%40thread.v2/0?context=%7b%22Tid%22%3a%22cea1ea3e-60b2-4f75-a6c2-a6022e8f961b%22%2c%22Oid%22%3a%22bb8d3f81-c40a-49c5-9bc2-bca51ee8bf82%22%2c%22IsBroadcastMeeting%22%3atrue%7d

 

Documentos