Presentación do libro: Soldados de Franco, de Francisco J. Leira

Presentación libro: Soldados de Franco. 23 de setembro de 2020, xoves, ás 19:30 no Ateneo Ferrolán
O mércores 23 de setembro, preséntase Soldados de Franco. Reclutamiento forzoso, experiencia de guerra y desmovilización militar, cuxo autor é o investigador de HISTAGRA Francisco J. Leira Castiñeira no Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202-204, Ferrol)
Estará acompañado polo presidente do Ateneo Ferrolán, Xabier Dongil; polo catedratico de Historia da Universidade de Santiago de Compostela e I.P de HISTAGRA, Lourenzo Fernández Prieto e a profesora da USC e investigadora de HISTAGRA Aurora Artiaga Rego
Resumen: O golpe de estado de xullo de 1936 partiu España en dous, configurando un taboleiro de terror, miseria e morte que daría fin á República e sustento á ditadura franquista. No territorio sublevado, os soldados de Franco a miúdo non eran adeptos convencidos, senón meros peóns obrigados a loitar polo devir dunha España na que o único elemento de cohesión ía ser o medo.
Desvélase como o exército sublevado se formou mediante levas forzosas e desmitifica a historia, unha e outra vez repetida, de que media España se alzou contra a República por cuestións ideolóxicas ou políticas. Soldados de Franco é o relato de como o ditador situou ao país ante un terrible dilema: converterse en verdugos ou morrer.
Máis información:
http://histagra.usc.gal/es/publicacions/492/soldados-de-franco-reclutamiento-forzoso-experiencia-de-guerra-y-desmovilizacion-militar
http://histagra.usc.gal/gl/persoas/28/francisco-jorge-leira-castineira
http://histagra.usc.gal/gl/persoas/1/lourenzo-fernandez-prieto
http://histagra.usc.gal/gl/persoas/13/aurora-artiaga-rego