Dossieres dos ciclos de conferencias de HISTAGRA 2019-2020
Dossieres dos ciclos de conferencias de HISTAGRA 2019-2020
Ciclo de conferencias PASADOS INCÓMODOS: GUERRA, MEMORIA E HISTORIA
O Grupo de Investigación HISTAGRA (http://histagra.usc.gal) ten como un dos seus principais obxectivos o estudo do golpe de 1936, a Guerra Civil, o franquismo e a transición política en España e neste marco de investigación se desenvolverá o ciclo de conferencias. A experiencia investigadora e profesional de cada un dos conferenciantes é contrastada o que supón compartir unha experiencia de investigación e posta en valor dun tema como é o do pasado da guerra e a memoria que segue a ser un dos vértices das políticas públicas e da investigación histórica.
Ciclo de SEMINARIOS HISTAGRA
Os Seminariosde HISTAGRA son un puntode encontro para odebate colectivo entreestudantes, investigadores, especialistas, e en xeral, todas aquelas persoas interesadas nas liñas de investigación do noso Grupo e do traballo dos investigadores/as que convidamos a presentar proxectos en curso e novos resultados de investigación.