Convocatorias e informacións da Sociedad Española de Historia Agraria (SEHA)

1. Recórdase aos investigadores en xeral, e moi particularmente aos grupos de investigación, que o 15 de maio de 2012 conclúe o período para enviar propostas de SESIÓNS XERAIS (está prevista a celebración de dous) e SESIÓNS SIMULTÁNEAS (entre catro e seis) ao XIV CONGRESO DE HISTORIA AGRARIA, que terá lugar en Badaxoz os días 7, 8 e 9 de novembro de 2013. As propostas deberán enviarse por correo electrónico ao coordinador do congreso Antonio Miguel Linares Lujan (alinares@unex.es), e precisarán o título da sesión, un breve resumo dos obxectivos e das liñas de traballo que terían cabida nesta; así como os nomes, correos electrónicos e situación académica dos propoñentes, e unha proposta de relatores ou organizadores tamén cos seus respectivos correos e referencias académicas, se non coinciden cos propoñentes. Todos eses requisitos poden consultarse en http://www.seha.info/xivcongreso.pdf

2. O mesmo día 15 de maio conclúe o período para que socios e investigadores en xeral presenten propostas de comunicación ao II SEMINARIO ANUAL DA SEHA. Madrid (23 de novembro de 2012). As comunicacións poden versar sobre calquera tema e época, se ben deberán reunir os requisitos que se especifican na circular que pode descargarse en http://www.seha.info/seminario2.pdf na que se indican varias direccións de contacto.

3. . DIFUSION DO DOCUMENTAL "OS COLONOS DO CAUDILLO".

Varios socios prégannos que fagamos difusión dunha produción audiovisual con ese título, de gran calidade en todos os seus aspectos e rigor histórico. Nesa película de 110 minutos abórdase a historia dun dos 300 pobos de colonización agrícola fundados durante o franquismo e doutros aspectos da historia sociopolítica do país durante a ditadura franquista. O documental foi froito dunha década de traballos e contén múltiples testemuños de veciños Llanos del Caudillo (nome actual do pobo, pois un referendo de 2006 truncou a iniciativa municipal de alterar a súa denominación) e de personaxes destacados tales como Felipe González Márquez (expresidente do goberno) ou José Utrera Molina (exministro de Franco e falanxista convencido). A conclusión do seu proceso de produción está pendente dalgún financiamento, polo que dende unha plataforma vinculada ao diario Público se propoñen distintas modalidades de colaboración con recompensas para os participantes.

Poderedes encontrar algunhas escenas da película e outra documentación relativa nas direccións que seguen.

http://www.playloud.org/francossettlers.html

http://www.lanzanos.com/proyectos/loscolonosdelcaudillo/

http://www.facebook.com/loscolonosdelcaudillo