Seminario Internacional de Historia Contemporánea “Memoria dos lugares, lugares con memoria”

Seminario Internacional de Historia Contemporánea “Memoria dos lugares, lugares con memoria”
Santiago de Compostela, 23-24 de xaneiro de 2020. Edificio Mazarelos (Sala Hipatia)-Facultade de Filosofía
Trátase dun Seminario de preparación dunha publicación desenvolta pola investigación que durante os últimos anos se desenvolveu no marco do proxecto de investigación “Dos lugares da violencia aos lugares da memoria: actitudes sociais nos espazos de reclusión, execución e enterramento durante o Golpe, a Guerra Civil e o franquismo en perspectiva comparada” (2017-2020) cuxo IP é Antonio Miguez Macho, subvencionado pola Xunta de Galicia.
Ao seminario acudirán especialistas no tema como Miguel Ángel del Arco e Claudio Hernández Burgos da Universidade de Granada, Peter Anderson na University of Leeds, Cesar Manuel Román Yáñez da Universidad de Mar del Plata e Erik Zubiaga da UPV. Ademais, están os investigadores da USC Lourenzo Fernández Prieto, Daniel Lanero Táboas e Lisandro Cañón Voirín e os investigadores en formación do Grupo HISTAGRA, Conchi López, Rafael García, Aldara Cidrás, Xabier Buxeiro e Iria Morgade
Organización
Proxecto de Investigación. “Dos lugares da violencia aos lugares da memoria: actitudes sociais nos espazos de reclusión, execución e enterramento durante o Golpe, a Guerra Civil e o franquismo en perspectiva comparada” (2017-2020), 2017-PG128 , IP. Antonio Miguez Macho, Proxectos de Excelencia (Modalidade D), Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Xunta de Galicia) e Grupo HISTAGRA-USC (GI-1657)