HISTAGRA nas xornadas Regímenes de memoria. Madrid

HISTAGRA participa nas xornadas Regímenes de memoria en la España contemporánea
O investigador de HISTAGRA Antonio Miguez Macho participa os días 11 e 12 de decembro de 2019 nas xornadas de estudo Regímenes de memoria en la España contemporánea que se celebran na Casa Velázquez de Madrid.
A súa intervención é: "La ley de Amnistía de 1977"
Sobre as xornadas:
Estas xornadas de estudo inauguran o programa REGIMEM — Memorias trenzadas. Regímenes de memoria de las violencias de la Guerra Civil, el franquismo y el terrorismo en España desde la década de 1970.
O proxecto interésase nos estratos trenzados de memoria que configuraron tralos episodios de violencia de masa desde os anos trinta até a rendición final de ETA en 2011, provocando a longo prazo, unha acumulación de vítimas, perpetradores e narracións cruzadas.
Máis información:
https://www.casadevelazquez.org/es/investigacion/proximas-actividades/novedad/regimenes-de-memoria-en-la-espana-contemporanea/