Os investigadores de HISTAGRA Conchi López e Rafael García gañan o premio HUME

Os investigadores de HISTAGRA Rafael García e Conchi López gañan o IV Premio Hume de Investigación Histórica das Pontes co traballo, A violencia no Golpe e na retagarda galega. O Concello das Pontes, 1936-1939

 

Nesta ocasión, o xurado valorou a investigación "moi ben redactada e moi ben construída", con "moita información" sobre "a represión e a Guerra Civil na localidade".

 

Trátase dunha investigación inédita que abrangue o período do golpe de estado de 1936 e como se desenvolveu na retagarda. Para chegar aqui, os autores reflicten no texto premiado as tendencias políticas e o movemento social que había nas Pontes durante a II República, poñéndoo en relación con sucesos máis alá do concello.