Fran Quiroga, membro de HISTAGRA, publica un artigo no Ministerio de Cultura e Deporte

Baixo o título Hacía una Cultura en extensivo o membro do grupo universitario HISTAGRA fai un símil entre os modos de produción gandeiro e da produción cultural; na que cuestiona a consideración de que todo ha de ser industrializado, en tanto isto limita as múltiples posibilidades que existen, que van dende ao asociacionismo, ao amateur, ao cooperativismo ou a cultura do prototipado. A través do artículo cuestiona que os suxeitos das políticas culturais sexan unicamente as industrias creativas e culturais así como enfatiza na importancia da gandeira extensiva polos seus servizos ecosistemicos que aporta. 

O texto sumase a liña de Cultura y Ciudadanía. Pensamiento do Ministerio de Cultura e Deporte, un espazo de pensamento e reflexión que busca afondar, en formato de publicación dixital, nos diferentes temas que se levan desevolvendo nas edicións do Encuentro Cultura y Ciudadanía. Neste conxunto de reflexións teñen escrito autores como Zoe Mediero, Alfredo Puente ou Jaron Rowan entre outros 

Pódese acceder ao artigo aquí: https://culturayciudadania.culturaydeporte.gob.es/pensamiento.html#ancla01-12 

E ao resto de reflexións https://culturayciudadania.culturaydeporte.gob.es/pensamiento.html 

Fonte da imaxe: (Fotografía de Pablo Ibáñez, investigación experimental Cartografía de la Vida Cotidiana de un Pequeño Pueblo de Montaña, Naturalizarte, Guadalaviar,(Teruel) 2017)