Seminario de presentación de novos produtos da empresa ESRI

O martes día 10 a empresa ESRI (fabricante do software ArcGIS) celebrará un seminario de presentación de novos productos, en Santiago de Compostela.
O seminario será aberto a todo o público en xeral e celebraráse pola mañá no MUPEGA, San Lázaro 107, 15781, Santiago de Compostela, Galicia (España).
Está prevista a participación do Director do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta e do Director do SIT da USC.
Aproveitando este evento, pola tarde na Facultadede Bioloxía, de de 5 a 7, no Seminario-Aula 2, está prevista unha reunión específica para usuarios e interesados nas tecnoloxías da información xeoespacial membros da USC. O obxectivo de esta reunión específica para a USC, é dobre; por unha banda unha presentación das novas posibilidades que ofrece o acordo-licenza CAMPUS-SITE de ESRI para o futuro, e posteriormente unha presentación dende o SIT e maila Vicerreitoría de Investigación, das posibilidades para manter cara o futuro a disponibilidade ou non, de esta licenza CAMPUS de ESRI Como queira que só se existe interese, demanda e participación do conxunto da USC, para o mantemento de esta licenza-campus, será posible seguir ofertandoa o conxunto da USC.