Exposición 80 anos. Santiago 1936. IES Eduardo Pondal. Santiago

Exposición 80 anos. Santiago 1936. IES Eduardo Pondal. Santiago
O próximo mércores día 5 de xuño ás 11:00 da mañá inaugúrase a Exposición 80 anos. Santiago 1936 no IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela.
No acto, intervirán os comisarios da mostra e os representantes do Instituto. Logo, o investigador de HISTAGRA Rafael García Ferreira, realizará unha breve conferencia na que poderán intervir os estudantes.
Máis Información:
Lugar: IES Eduardo Pondal (R/ Doutor Maceira, 9)
Hora: 11:00 h.
Datas: 5 DE XUÑO — 21 DE XUÑO