Encontro Ecofeminismos e o rural. Cara unha axenda de investigación. Lugo. 15 de marzo de 2019

A combinación do ecoloxismo e do feminismo supón unha fenda ao discurso neoliberal que cosifica á muller e a natureza, trae consigo un novo relato de como atender ao presente, asi como abre unha nova xanela na que comezar a construir pontes que procuren outros mundos nos que diluir as desigualdades contemporáneas.


A través deste encontro preténdese abrir un espazo de debate e interacción entre a universidade e a sociedade co obxectivo de tecer alianzas e pensar unha axenda aberta de liñas de investigación ao redor do ecofeminismo na universidade galega e fóra dela.

Máis información:

http://revolta.usc.gal/2019/02/27/aberta-a-participacion-para-o-encontro-ecofeminismos-e-rural/

Documentos