Presentación do libro Golpistas e verdugos. Historia dun pasado incómodo. Ferrol, 20 de novembro de 2018

Non é unha historia heroica nin agradable, tampouco unha historia esquecida. É unha historia que non tiñamos ganas de coñecer, pero que os historiadores e as historiadoras estamos obrigados a indagar e contextualizar. O coñecemento sempre resulta sorprensivo e desvenda erros, mitos, deformacións interesadas. Iso intentamos. Os lectores coñecerán neste libro as dimensións sociais dos verdugos e os colaboradores. Canto se estende a marcha da violencia do golpe. Coñecerán os golpistas perseguindo as autoridades, empezando polas militares. Como foron fusiladas autoridades civís, militares, policiais e administrativas sen que imaxinasen que ían ser executadas, porque esa posibilidade non formaba parte do seu mundo, nin da súa experiencia vital e política.
Datos da presentación:
Data: 20-11-2018
Lugar: Parador de Ferrol. Salón Prioriño. Praza do contraalmirante Azarola Gresillón, s/n
Hora: 20:00 h.
Participantes: Bernardo Maiz, historiador; Jordi Guixé, historidados; Xosé Manuel Soutullo, editor; Lourenzo Fernández Prieto, Antonio Miguez Macho e Conchi López en representación dos autores. Presenta o acto o historiador Guillermo Llorca.