Os grupos de investigación HISTAGRA, HISPONA e HISTAMÉRICA presentan o portal https://www.terraememoria.usc.gal

Este luns 19 as 11:00 h presentamos un fito en Humanidades Dixitais, o portal web terraememoria.usc.gal de Historia Oral. 2000 entrevistas online dixitalizadas, realizadas entre 1987 e 2017 a máis de 2000 persoas, xente do común que viviu todo ao longo do século XX: vítimas e descendentes das persecucións de 1936 e da Ditadura, emigrantes, labregas, segadores, obreiros e artesáns, operarias da conserva etc..

Un fondo universitario de Historia oral único en España e un dos mais importantes do mundo. Unha fonte de documentación e información aberta aos investigadores e ao publico polos grupos de investigación Histagra, Hispona e Histamerica do Departamento de Historia da USC.

Sobre a presentación:
Lugar: Sala de profesores da Facultade de Xeografía e Historia
Día: 19 de novembro de 2018
Hora: 11:00 h.

Ligazón:
https://www.terraememoria.usc.gal/

Documentos