Taller de Historia: Lugares de violencia: lugares de memoria e amnesia. Itinerarios pola violencia golpista de 1936 e as súas consecuencias en Galicia

Obxectivos do taller
A historia do golpe de estado de 1936 escríbese, tamén, sobre o territorio, sinalada en diversos lugares de violencia. O que foron cárceres, cuarteis militares e de milicias, campos de concentración, lugares de execución e enterramento, fosas... dispérsanse por todo o territorio galego marcando os fitos xeográficos dun proceso de persecución e exterminio ligado á toma violenta do poder. Galicia que foi tomada polos golpistas antes de final de xullo de 1936 constituíu, en certo sentido, un laboratorio das prácticas de violencia que se viviron en Europa no contexto da década de 1930 e a Segunda Guerra Mundial. Aquí os golpistas puxeron en marcha en primeira instancia as técnicas de eliminación dos seus declarados inimigos que estenderon posteriormente a outros territorios e institucionalizaron baixo a ditadura franquista

Documentos