XIII CONVOCATORIA DO PREMIO RAMON GARRABOU

XIII CONVOCATORIA DO PREMIO RAMON GARRABOU
A proposta da Junta da SEHA aprobouse na Asamblea celebrada en Santiago de Compostela en xuño de 2018 un cambio no contido do premio Ramon Garrabou.
O premio darase ao mellor artigo publicado no ano anterior á convocatoria. En 2018 premiarase ao mellor artigo de Historia Agraria sobre o ámbito Latinoamericano ou Ibérico publicado en 2017, en calquera das revistas científicas especializadas. A convocatoria é aberta. Os membros da SEHA ou outras persoas interesadas poden enviar as súas propostas razoadas a seha@seha.info co encabezado "Proposta premio Historia Agraria Ramón Garrabou" antes do día 30 de novembro de 2018. A proposta debe conter unha breve argumentación e a referencia da publicación do artigo proposto.
A Junta da SEHA fará pública a concesión do premio na Asamblea da SEHA a celebrar o próximo 14 de decembro