PRESENTACIÓN DO DISCO SON DA MEMORIA. UN TRABALLO DE SESO DURÁN

SON DA MEMORIA. UN TRABALLO DE SESO DURÁN
Un proxecto escrito arredor do que aconteceu a partir do golpe de estado de xullo de 1936. Centrado nas vítimas, nos verdugos, nos lugares, no cable eléctrico que conecta pasado e presente; o disco foi publicado por Inquedanzas Sonoras en maio de 2017.
No acto, presentado polo Catedrático de Historia da USC Lourenzo Fernández Prieto IP de HISTAGRA, o autor do traballo presentará un making off do mesmo, realizará unha breve intervención sobre o proxecto, cantará uns temas e atenderá ás preguntas e debate posterior.
Así mesmo, o director do Festival SinSal Estrella Galicia, Julio Gómez, fará entrega ao Grupo Histagra de gravacións en cilindros de cera de textos de presos da Illa de San Simón, realizadas por varios artistas dentro do proxecto Son da Memoria, de Seso Durán, dirixidos por Aleks Kolkowski. Julio Gómez explicará o concepto sonoro deste tipo de soporte e a natureza do cilindro fonográfico
Datos da presentación:
Data: 15 de novembro de 2018
Lugar: Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia
Hora: 19:00 h.