Encontro Rural Imaxinado. Abandono e volta. Vilar de Santos, 9 de novembro de 2018

RURAL IMAXINADO. VILAR DE SANTOS, 9 DE NOVEMBRO 2018
Vilar de Santos acollerá o 9 de novembro unha nova edición dos encontros Rural Imaxinado que organiza a rede REVOLTA, con esta xornada preténdese xerar un espazo de debate entre interesados/as no mundo rural, labregos/as, activistas, emprendedores/as e investigadoras/es das universidades cos que tecer diálogos sobre a realidade do rural galego hoxe en día. A través deste encontro público preténdese seguir construindo pontes entre a sociedade e a universidade e por iso as conversas que terán lugar foron seleccionadas a partir dunha chamada aberta á participación. O alto número de propostas recibidas acredita na idoneidade da organización dunha xornada destas características, que volve a ter lugar nun enclave rural, como acontecera na anterior edición en Lalín