HISTAGRA no ciclo de Conferencias do programa ERASMUS +

O membro do Grupo HISTAGRA Antonio Miguez Macho participa no Ciclo de Conferencias do programa ERASMUS +  Proxecto: "A construción da paz en Europa desde os viquingos ao acordo do Venres Santo" que se desenvolve no CPI Progreso de Catoira.

A conferencia leva por título: "The Invention of Peace", na que se ocupará do proceso de construción da paz en Europa dende Westfalia (1648) até o final da Segunda Guerra Mundial. O auditorio está composto polos estudantes do centro mais os de intercambio de Dundalk (Irlanda)

Data: 25 de abril de 2018

Lugar: CPI Progreso de Catoira

Máis información:
https://erasmuscatoiradundalk.blogspot.com.es/

Documentos