Presentación do libro do PEMAN: A través das marxes, entrelazando feminismos, ruralidades e comúns

Ven de sair do prelo a obra A través das marxes, entrelazando feminismos, ruralidades e comúns do PEMAN (integrado no Grupo HISTAGRA). A editorial Bartlebooth foi a encargada da edición.
Aproveitando a ocasión de presentar o libro gustaríanos volver a xuntarnos como acción de peche do PEMAN. E por iso pensamos en vernos o sábado 13 de xaneiro en O Carballo (Friol) e así poder coñecer máis de preto o monte veciñal en man común da man das súas comuneiras.
A sesión chamada Ler o Monte quere ser un encontro coas veciñxs da CM o Carballo e quen queira acompañarnos. Comezaremos ás 11:00h no centro social localizado na estrada AC-934, 27228 Friol, Lugo, a 6 Km dende Friol, dende ali desplazarémonos ao monte para coñecer a xestión multifuncional que están levando a cabo. Despois xantaremos no mesmo local e presentaremos o libro no café.
Podedes confirmar a asistencia nesta ligazón: https://pad.riseup.net/p/leromonte