HISTAGRA nas Xornadas Memoria e Democracia

O membro do Grupo HISTAGRA, Lourenzo Fernández Prieto, participa nas Xornadas Memoria e Democracia que se
celebran no Paraninfo da Universidade da Coruña do 16 ao 18 de novembro de 2017.

As xornadas Memoria e Democracia están organizadas polo Concello da Coruña en colaboración coa Deputación da
Coruña, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e a UDC e nelas, Lourenzo Fernández Prieto participa na mesa redonda coordinada por Emilio Grandío Seoane "Franquismo e depuración", o xoves 16 de novembro ás 18:30 h.

 
Ligazóns de Interese:
https://www.udc.es/actualidade/eventos/2017/11/xmemoria.html
http://www.entrenosdigital.com/articulo/cultura/xornadas-memoria-democracia/20171110131651004435.html

Documentos