Concedidas diferentes axudas de investigación para o período 2017-2020

O Grupo
HISTAGRA (Historia Agraria e Política do Mundo Rural. Séculos XIX e XX) é un Grupo de Investigación da
Universidade de Santiago de Compostela (USC), composto por 13 membros PDI e 16 Investigadores en
Formación. Está dirixido polo Profesor do Departamento de Historia, Lourenzo Fernández Prieto. Desde
2006 HISTAGRA é Grupo de Referencia Competitiva (GRC) recoñecido pola Xunta de Galicia, condición
que ten renovado sucesivamente en 2010, 2013 e 2017. HISTAGRA coordina a Rede ReVolta de
Agroecoloxía e Historia.
As axudas:
Consolidación e estruturación 2017 GRC GI-1657 Historia agraria e política do mundo rural. Séculos XIX e
XX (HISTAGRA)
Lourenzo Fernández Prieto (IP)
Orzamento: 200.000 Euros
Duración: 2017-2020
Consolidación e estruturación 2017 REDES - Rede de Agroecoloxía e Historia. REVOLTA
Lourenzo Fernández Prieto (IP)
Orzamento: 120.000 Euros
Duración: 2017-2019
Consolidación e estruturación 2017 MODALIDADE D (EXCELENCIA)
Antonio Miguez Macho (IP)
Orzamento: 90.000 Euros
Duración: 2017-2020
Consolidación e estruturación 2017 MODALIDADE D (EXCELENCIA)
Titulo: Políticas públicas de vivenda e actitudes sociais da poboación en España: Unha visión a longo prazo (1900 – 1990)
Daniel Lanero Táboas
Orzamento: 52.480.48 Euros
Duración: 2017-2019
Ligazóns de interese:
http://histagra.usc.es/gl/investigacions/tipo/proxectos-investigacion