Á rede de agroecoloxía ReVOLTA foille concedida unha axuda de consolidación e estruturación PARA 2017-2019

A Rede:
A rede ReVOLTA de investigación en Agroecoloxía e Historia pretende mellorar a colaboración dos grupos de investigación que en Galicia e desde ámbitos disciplinares diversos (economía ecolóxica, historia agraria, historia económica e enxeñería agroforestal) estudan os problemas e as oportunidades de futuro do mundo rural.
Membros da Rede:
Son membros da rede ReVolta os seguintes grupos de investigación do SUG:
- COSMERUN: Construción sustentábel para o medio rural e natural (USC)
- ECOAGRASOC: Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (USC)
- GESPIC: Grupo de Estudios de Historia Empresarial e Sectorial. Pesca, Industria e Comercio (USC)
- GIEEA: Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (UdV)
- TE-BIO: Territorio, Biodiversidade (USC)
- AGRONOMÍA: Xestión de Residuos Orgánicos, Fertilización e Ecoloxía Agraria (USC)
- GALABRA: Estudos dos sistemas culturais galego, luso, brasileiro e africanos de lingua portuguesa (USC)
- HISTAGRA: Historia agraria e política do mundo rural. Séculos XIX e XX (USC)
As tarefas a desenvolver en 2017-2019:
A formalización da nova Rede posibilitará un diálogo transdisciplinar entre diferentes perspectivas de investigación que teñen o seu punto de encontro na Agroecoloxía. Esta integración transdisciplinar aportará melloras significativas para cada un dos 8 Grupos conformantes en ámbitos como o enfoque multidisciplinar, o intercambio de experiencias, a formación de investigadores ou a concorrencia a convocatorias competitivas e, en xeral a potenciación das capacidades de cada Grupo o que redundará nunha mellora de competencia do SUG.
As investigacións baseadas na perspectiva analítica agroecolóxíca constitúen unha liña sólida no presente, pero representan sobre todo unha inmensa oportunidade para o futuro (inmediato e a medio prazo), tendo en conta as posibilidades que ofrecen no deseño teórico e na implementación concreta dun modelo de desenvolvemento agrario sustentable. Este enfoque desde a Agroecoloxía aínda pode (e na nosa opinión, debe) ser moito máis desenvolvido no contexto científico – académico do Sistema Universitario Galego. En este sentido, os Grupos que integran esta solicitude entenden que Galicia podería ser un (outro) laboratorio do que extraer ensinanzas para unha experiencia global.
Ligazóns de interese: