HISTAGRA no congreso "Galicia-Bretaña: un enfoque comparado de dous finisterres europeos"

Os membros de HISTAGRA Lourenzo Fernández Prieto e Miguel Cabo Villaverde ofrecen unha conferencia no marco do Congreso "Galicia-Bretaña: un enfoque comparado de dous finisterres europeos" que terá lugar os días 30 e 31 de Outubro no Consello da Cultura Galega.

Lourenzo Fernández Prieto, IP de HISTAGRA, ofrecerá o relatorio conxuntamente con Edelmiro López Iglesias, IP de ECOAGRASOC, ambos compoñentes da REDE de AGROECOLOXÍA REVOLTA. A súa intervención leva por título: A modernización do século vinte. Miguel Cabo Villaverde ofrecerá o relatorio A Política no campesiñado do oeste.


Máis información en anexo

Documentos