Seminario: A España rural: ¿Continuidade ou cambio político? (1968-1982)

O Proxecto de Investigación do MINECO: “Movilización social y poder local: la España rural entre la continuidad y el cambio político (1968 – 1982)” HAR2014 – 55150 – P, do que é Investigador Principal o membro de HISTAGRA Daniel Lanero Táboas, celebra no Consello da Cultura Galega (Santiago de Compostela) os vindeiros días 26 e 27 de outubro, un Seminario de Investigación que leva por título: “A España rural: ¿continuidade ou cambio político? (1968 – 1982)”.
Neste Seminario, pensado como un ámbito de presentación de recentes resultados de investigación e de debate especializado - pero aberto ao tempo a todo o público interesado - participarán investigadoras e investigadores de diferentes universidades españolas e francesas, que desenvolverán unha decena de ponencias centradas nas liñas e obxectivos de investigación que son prioritarios para o Proxecto: 1) As manifestacións de conflitividade social e de mobilización política no mundo rural dos anos finais do franquismo e durante a transición, con espacial atención en esta ocasión á conflitividade socioambiental; 2) A supervivencia de estruturas, prácticas e elites políticas no mundo rural español no tránsito do franquismo á democracia. Os traballos presentados analizarán aspectos relativos a ambas temáticas nunha ampla nómina de territorios e rexións: Galicia, Andalucía, Cataluña, Aragón, Castela A Mancha e Castela e León, ofrecendo unha imaxe de conxunto sobre o mundo rural a nivel estatal, o que representa unha novidade no estudo deste período dende a perspectiva da Historia do Tempo Presente.