HISTAGRA no Congreso "Traxectoria dos montes comunais galegos"

Os membros do Grupo HISTAGRA, Xesús L. Balboa López e Ana Cabana Iglesia participan no Congreso que se celebra no Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela o 28 e 29 de setembro de 2017

Xesús L. Balboa López presenta a conferencia A pervivencia dos montes veciñais galegos: razón e distorsións e Ana Cabana Iglesia a conferencia, Terras comúns, intereses cruzados: o monte veciñal galego no século XX o xoves día 28 de setembro ás 10:15 h. é ás 11:15  h no CCG

 

As xornadas:

Até principios do século XX, tres cuartas partes da superficie galega estaban ocupadas por montes que, se durante séculos non fosen xestionados polos veciños de aldeas e parroquias de maneira eficiente, acomodando os seus usos aos cambios  que  se  ían  producindo  no  complexo  agropecuario,  non  conservarían,  na meirande parte dos casos, o seu carácter comunal. As  mudanzas  foron  radicais  no  último  século:  os  procesos  de  privatización,  de
“estatalización”,  a  repoboación  forestal  e  “devolución”,  a  “revolución  verde”,  as diversas e graves consecuencias do despoboamento e abandono do mundo rural, de todo isto trata o presente Congreso.

Ligazóns de Interese:

http://consellodacultura.gal/

http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_ac_2017_folleto_montes_comunais-DEF8.pdf

Documentos