A Rede de Grupos de Investigación en Agroecoloxía e Historia reuniu en Ribadeo a especialistas de calado para falar do futuro do agro

O día 3 de febreiro tivo lugar na Escola de Capacitación Agraria Pedro Murias de Vilaframil (Ribadeo),  o Seminario-debate: "Que futuro para o agro?", unha iniciativa organizada por ReVolta,  Rede de Grupos de Investigación en Agroecoloxía e Historia (HISTAGRA, COSMERUN, GIEEA, GESPIC e LABORATE). 

A Rede de Grupos de Investigación en Agroecoloxía e Historia organizou esta actividade co obxectivo de analizar o estado actual do agro, abordando esta cuestión sen restricións, desde os diferentes puntos de vista existentes no mundo científico e académico: historia, agronomía, economía, agroecoloxía, antropoloxía, socioloxía, bioloxía, tecnoloxía de alimentos, edafoloxía, xeografía, dereito, ciencia política...

Relevante foi a presenza de acadécmicos de diferentes ámbitos o que lle otorgou á reunión un destacado carácter multidisciplinar do que se derivan interesantes conclusións entorno ás cuestións propostas: "Quen fomos?" e "Onde estamos?" que se darán a coñecer na web de Histagra-ReVOLTA. unha vez procesados os materiais sonoros e escritos do encontro.
O diagnóstico derivado do encontro servirá para ilustrar a actividade e a pesquisa da Rede ReVOLTA ao longo do ano.

Participantes; do ámbito da Historia participaron: Lourenzo Fernández Prieto, Ramón Villares, Daniel Lanero, Ana Cabana (USC) e David Soto Fernández (U. Pablo de Olavide) Economía: Xabier Simón Fernández (U. de Vigo), Alfredo Macías (U. de León), Edelmiro López Iglesias, Emilio Pérez Touriño, Xan López Facal (USC). Do da enxeñería, economía e socioloxía agraria: Xoán Carlos Carreira, Rafael Crecente Maseda, Xan López Facal, Francisco Javier López González, Ana Isabel García Arias, María Elvira López Mosquera, Mª do Mar Pérez Fra, Ramón Fuentes Colmeiro, Xan Xosé Neira Seijo (USC). Edafoloxía e química agrícola: Francisco Díaz-Fierros e Felipe Macías Vázquez (USC). Ciencia política e da administración: Xosé Luís Barreiro Rivas e Antonio Losada Trabada (USC). Arquitectura: Manuel Gallego Jorreto(U. da Coruña). Bioloxía: José Ramón Vidal Juviño e Manuel Antonio Rodríguez Guitián (USC). Antropoloxía: Xerardo Pereiro Pérez (U. Tras-os-Montes) Arqueoloxía: Felipe Criado e Paula Ballesteros-Arias (CSIC).

Ver novas relacionadas:

Unha Revolta para pensar no futuro do rural  (culturagalega.org)