Investigador visitante no Grupo HISTAGRA
O estudante de doutoramento Diego Amoedo Martínez da Universidade Estatal de Campinas (UNICAMP-Brasil) estará catro meses de estadía como investigador visitante no Grupo HISTAGRA
Diego Amoedo é doutorando en Antropoloxia Social no IFCH - UNICAMP. Posúe o Grao en Enxeñaría Forestal pola Universidade de Vigo (2007). É Mestre en Antropologia Social pola Universidade Estadual de Campinas (UNICAMP, 2014). Esta a realizar o proxecto de investigación, Conhecimento, experimentação e inovação: práticas agrícolas nas terras de Tourém e Pitões das Júnias (Montalegre,Portugal). Entre os traballos que ten realizado está, Usos e desusos das terras de Tourém: transformações sócio-territoriais em uma aldeia rural fronteiriça entre a Galícia (Es) e Portugal.
OBXETIVOS E ACTIVIDADES A DESENVOLVER NA ESTADÍA:
Profundizar na relación entre coñecemento, inovación e experimentación dos agricultores de Tourém e Pitões das Júnias (Portugal) cos investigadores do Grupo HISTAGRA
Aproximarse ás liñas de investigación relacionadas co innovación tecnolóxica na agricultura
Investigar as innovacións tecnolóxicas nas aldeas, así como a historia local e os novos significados
Realizar unha investigación bibliográfica para estabelecer un diálogo entre a bibliografia brasileña e a española.
Datas da estadía:
01/08/2017 - 30/11/2017
LIGAZÓNS DE INTERESE:
https://www.ifch.unicamp.br/noticias-eventos/antropologia/46360/Sele%c3%a7%c3%a3o%20PDSE
http://www.bv.fapesp.br/pt/pesquisador/168799/diego-amoedo-martinez/