Curso de Verán: “100 anos de raza bovina galega. Pasado, presente e futuro da producción cárnica en Galicia”

O colaborador de HISTAGRA Diego Conde, participa na organización dun foro estival acerca da historia e o futuro da raza bovina galega e a súa producción cárnica.
O curso, integrado dentro do programa da Universidade de Verán da USC, leva por título “100 anos de raza bovina galega. Pasado, presente e futuro da producción cárnica en Galicia” e terá lugar na Facultade de Veterinaria da USC do 28 o 30 de Xuño.
As persoas interesadas en obter máis información respecto do programa deste curso de verán da USC, poden facelo clicando aquí e o programa do curso pódese ver aquí. O prazo para a formalización da inscrición neste programa estará aberto ata o vindeiro 16 de xuño.