V Seminario Anual de Historia Agraria da SEHA

Os traballos aceptados presentaránse e discutiránse sucesivamente en dúas sesiones de mañá e tarde nunha única xornada. Mantenráse tamén a sana informalidade nos debates (baixo a supervisión, iso sí, dun moderador que realizará a primeira valoración crítica do exposto) e a opción por unha total libertade en canto ós temas e períodos das exposicións, o que permitirá ademáis contar cunha radiografía ou panorámica das vías de investigación incipientes na historiografía agraria española. Para elo convocase ós socios e investigadores en xeral a presentar propostas de comunicación sobre calquera tema, ámbito territorial e época, sempre que reúnan os siguientes requisitos:
- Poseer total ou parcialmente unha compoñente teórica, de reflexión xeral ou metodolóxica. De tratarse de aportacións cunha base empírica ou estudios de caso deberán obligatoriamente incluir unas conclusións que conecten a aportación cos marcos teóricos e as hipóteses de referencia.
- A temática das comunicacións debe ser orixinal (non se poderán presentar traballos publicados por outras vías) e encadrable en novas ou incipientes liñas de investigación. Neste senso, acollerase con particular interese o traballo de investigadores xóvenes, incluso aqueles que non teñan todavía defendido a súa tese de doutoramento, ó efecto de que poidan contrastar as súas hipótesis de traballo e primeiros resultados.
- Dado que as comunicacións serán colgadas na web da SEHA pero non publicadas en senso estricto, non se esixen requisitos formais específicos. Aconséllase a opción por textos relativamente breves (máx. 8000 palabras) que sigan as normas de estilo de Historia Agraria. A autoría poderá ser persoal ou en equipo.
- Debe terse presente que a fin última do encontro é o debate e a crítica construtiva entre especialistas, o cal debe ser tido en conta á hora de enviar unha proposta de comunicación. Neste senso hai que ter en conta que tan importante como o texto é o debate que a partir del se poida xerar.
Unha vez recibidas as propostas de comunicación a Xunta da SEHA agruparáas en función da súa compatibilidade e do seu potencial para un intercambio frutífero de ideas entre sí. Algunhas comunicacións poderán ser rexeitadas non en función da súa calidad e interese senón da imposibilidade da súa posta en relación con outras.
Datas de referencia:
15 de setembro de 2017: Data límite para a recepción de propostas, que deberán ser enviadas a algunha das seguintes direccións: gabriel.jover@udg.edu; miguel.cabo@usc.es; Josep.Pujol.Andreu@uab.cat o julio.escalona@cchs.csic.es
30 de setembro: aceptación das propostas.
15 de outubro: Data límite para o envío dos textos.
Celebración:
Venres 24 de novembro de 2017
Madrid. Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
Máis Información:
http://seha.info/es/SEMINARIOS/