Presentación de “España. En busca de un relato”

O próximo mércores 7 de xuño ás 20.00 h. na librería Couceiro, terá lugar a presentación do libro ESPAÑA. En busca de un relato de Manuel Artime Omil. 


Na presentación intervirán:
D. Lourenzo Fernández Prieto (Catedrático de Historia Contemporánea da USC e IP de HISTAGRA), D. Antón Baamonde (Profesor de Filosofía no I.E.S. Xelmírez I. e D. Manuel Artime (autor) Doutor en Filosofía (UNED)


Sobre o libro:
España vive hoxe todavía baixo os efectos da crise económica dos últimos anos. A recesión e o empobrecemento trouxeron consigo o espertar dunha insatisfación, que puxo en entredito as institucions e os usos políticos con que viña funcionando a nosa democracia. Esta crise ten adquirido indefectiblemente unha dimensión política e mesmo narrativa, é xa unha crise de réxime e de relato. Supuxo o desmoronamento do entramado político e cultural do 78, e daquela epopeia sobre a
reconciliación e a transición exemplar, que tiña servido de base para construir a lexitimidade da democracia española


Máis información:
http://www.dykinson.com/noticias/331/

Documentos