Seminario impartido por Katja Bruisch

SEMINARIOS HISTAGRA 2016-2017
MAIO 2017

Relator: KATJA BRUISCH (TRINITY COLLEGE DUBLIN)
Título: PEASANT FARMING AND RURAL DEVELOPMENT PROJECTS IN LATE IMPERIAL AND EARLY SOVIET RUSSIA: EXPERTISE AND AGRARIANISM
Día: 5/05/2017
Hora:12:00 h.
Lugar: Facultade de Historia. Aula 13

Sobre a conferencia:
A comezos do século XX, as elites políticas e culturais percibían a denominada "cuestión agraria" como un dos maiores desafíos para Rusia. Para moitos, a modernización do campo era a chave para a modernización do conxunto do país. Este seminario ocúpase do papel dos coñecementos técnicos e da ideoloxía na transformación das aldeas na época de finais do imperio e comezos da época soviética. Examinando a carreira dos principais expertos en agricultura, a súa reputación pública e o seu impacto na toma de decisiones, amosará cómo o discurso agrícola oficial promovía unha versión progresista do agrarismo, que podía ser integrado nas políticas agrícolas dos gobernos zarista, provisional e incluso do soviético. Ó mesmo tempo, o agrarismo progresista ruso e o xeito en que foi promulgado pode entenderse como unha política de desenvolvemento favorable ós labregos avant la lettre, adiantando enfoques e prácticas que formarían parte da axenda dos programas de desenvolvemento occidentais nos "países en desenvolvemento" a partir de finais dos anos sesenta do século XX.

Actividad coorganizada coa Cátedra Juana de Vega

Máis información en anexos

Documentos