Seminario impartido por Luis A. Camarero

SEMINARIOS HISTAGRA 2016-2017
ABRIL 2017
Relator: Luis A. Camarero Rioja (UNED)
Título: Trabajadores del campo y familias de la tierra. Instantáneas de la desagrarización
Día: 21/04/2017
Hora:12:00 h.
Lugar: Facultade de Historia. Aula 13
Sobre a conferencia:
Durante o s. XX as áreas rurais experimentaron importantes transformacións socioeconómicas. O proceso de configuración de economías urbanas primeiro e de economías globalizadas despois modificou o papel que as poboacións rurais teñen na sociedade global así como as formas de subsistencia desas poboacións. O proceso dual de desagrarización do campo e industrialización agraria interprétase na lóxica de división rexional do traballo que impoñen as cadeas globais de valor. Mediante o seguimento de series temporais demográficas, migratorias, e ocupacionais explóranse os cambios nas estruturas produtivas e sociais de España desde a segunda metade do s. XX. Rematamos amosando unha estreita vinculación entre orientacións produtivas e composición sociodemográfica.
Sobre o autor:
Luis A. Camarero é catedrático de socioloxía na UNED. Entre os seus traballos, en relación ao despoboamento do mundo rural destacan, "Exploring Female Over-Migration in Rural Spain- Employment, Care Giving and Mobility" ou "Rural sustainability, inter-generational support and mobility"
Actividad coorganizada coa Cátedra Juana de Vega
Ligazóns: