Presentación de "Años de guerra y revolución. 1936-1939. Memorias de Antonio Seoane Vázquez" en Ferrol

O próximo venres 21 de abril ás 20:00 h. no Salón de Actos do Ateneo ferrolán terá lugar a presentación do libro Años de guerra y revolución. 1936-1939. Memorias de Antonio Seoane Vázquez. Entre os colaboradores atópase o membro de HISTAGRA Lourenzo Fernández Prieto.

Participan:
Jorje J. Suárez (Alcalde de Ferrol), Lourenzo Fernández Prieto (Catedrático de Historia e autor do limiar), Antonio Couto (editor), Antón Seoane (familiar) e Eliseo Fernández (investigador)

Sobre o libro:
Unha historia real sobre o golpe de estado de1936 e a guerra posterior, así como o exilio e a ruptura co pasado a través dunha reflexión contada en primeira persoa por un protagonista de excepción: o Comandante do exército republicano Antonio Seoane Vázquez.

Autor: Antonio Seoane Vázquez
Xénero: Ensaio
ISBN: 978-84-617-6581-2
Nº páxinas: 293


Máis información:
http://www.bolanda.es/fichas/guerrayrevolucion.html
 

Documentos