VII Congreso de Patrimonio Industrial e Obra Pública en España

Entre o 5 e o 8 de xullo de 2017 celébrase nas Pontes de García Rodríguez, organizado polo Comité Internacional para la conservación y defensa del Patrimonio Industrial e o concello das Pontes de García Rodríguez o VII Congreso sobre Patrimonio Industrial e obra pública en España. Nesta ocasión, a xuntanza estará dedicada a debater sobre o patrimonio industrial, as repercusións ambientais e as estratexias de rexeneración territorial.
O VII Congreso de Patrimonio Industrial trata de identificar e debater sobre os problemas de xestión ligados á rexeneración, reutilización e intervención en paisaxes industriais, propoñendo novos enfoques metodolóxicos e casos de estudo. De igual modo son obxecto de reflexión as liñas de investigación existentes sobre as arquitecturas da paisaxe, o turismo industrial, e as estratexias
territoriais de valorización e activación do patrimonio.
Ligazóns de interese:
TICCIH España