ÚLTIMOS DÍAS - Call for panels IIº Congreso International Transicións na Agricultura e a Sociedade Rural

XVI Congreso de Historia Agraria-SEHA # VII Encontro RuralRePort
PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS DE SESIÓN
Está aberto o período para a presentación de propostas de sesion. Haberá dous tipos de sesións: plenarias e paralelas. As sesións plenarias (en número aproximado de tres) deberán incidir sobre as temáticas centrais do congreso (ver aquí o texto de presentación) e deberán tamén privilexiar a diversidade nacional e institucional dos participantes e dos estudos de caso. As sesións paralelas terán en términos xerais un enfoque máis específico e menor número de participantes, podendo ou non incidir directamente sobre as temáticas centrais. En ambos casos, serán benvidas propostas de sesións de discusión teórica ou metodolóxica e sesións cunha dimensión comparativa ou transnacional. As propostas que non fosen admitidas como sesións plenarias, poderán ser reconvertidas en sesións paralelas a suxerencia da Comisión Organizadora.
Serán consideradas as propostas presentadas a través do formulario on-line dispoñible en Conftool transruralhistory – 2018 ata o próximo día 28 de febrero de 2017. Nese formulario requírense os seguintes datos: nome do(s) organizador(es), título da sesión, abstract (max. 300 palabras), linguas de traballo da proposta de sesión. Nesta fase non é necesario incluir os nombres de posibles participantes. Isto será requerido despois de que a proposta de sesión sexa aprobada, durante o período de call for papers.
A decisión sobre as propostas aceptadas será divulgada antes do 30 de marzo de 2017.