Presentación en Extremadura do libro "Alfonso XIII visita España : monarquía y nación"

O próximo día 17 de febreiro terá lugar no Salón de Actos da Biblioteca central da Universidad de Extremadura (Cáceres) a presentación do libro coordinado pola membro de HISTAGRA Margarita Barral Martínez, Alfonso XIII visita España. Monarquía y nación, Granada, Comares

Sobre o libro:
Os reis españois contemporáneos puxeron en marcha unha decidida transformación da coroa, co fin de adaptala á nova sociedade de masas. Aquí xogaron un papel clave, ao igual que no caso doutros monarcas europeos, os viaxes a diversos puntos do país no que reinaban. Alfonso XIII visita España ocúpase das viaxes e estancias do monarca a diversos puntos da xeografía española.

Sobre a autora:
Doutora europea en Historia con Premio extraordinario pola Universidade de Santiago de Compostela (2005) e Máster en Estudos da Unión Europea da Universidade de A Coruña (2004-2005). Foi galardoada co premio Galicia Investigación (2009) e actualmente traballa como profesora no departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela.É investigadora do Grupo HISTAGRA

Documentos