Ramón Villares Paz nomeado doutor honoris causa pola Université Rennes-2

A Université Rennes-2 concedeulle o seu grao de doutor honoris causa ao catedrático de Historia Contemporánea Ramón Villares Paz, distinción académica que a institución francesa outorga a “personalidades de mérito eminente, que se destaquen nos dominios da ciencia, da educación e da cultura, posuidores dun currículo de gran proxección internacional”. Ramón Villares será investido nun acto solemne mañá, martes 7 de marzo, cando pronunciará unha lección que versará sobre a "Betraña na cultura galega".