Nova publicación do investigador de HISTAGRA Daniel Lanero Táboas
Daniel Lanero acaba de publicar o artigo "Modernización económica versus conflitividade socioambiental: discursos a favor e en contra da Autopista del Atlántico (1976 - 1979)", Minius, nº 24 (2016), p. 111-142.
SOBRE A REVISTA:
A revista Minius foi creada en 1992. Trátase dunha publicación periódica de investigación no ámbito das Humanidades –temática miscelánea de historia, arte e xeografía- editada e xestionada polo Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo.
SOBRE O AUTOR:
Daniel Lanero Táboas (Vigo, 1977). Na actualidade é Investigador do Programa Ramón y Cajal adscrito ao Grupo de Investigación HISTAGRA e ao Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Entre as súas liñas de investigación prioritarias encóntranse a Historia Agraria, a Historia Comparada dos Fascismos ou a Historia Social do mundo rural, cunha especial atención ao franquismo e á transición á democracia en Galicia e España. Ten realizado estadías de investigación, entre outros centros, no Instituto de Historia Contemporánea da Universidade Nova de Lisboa; no Departamento de Disciplinas Históricas da Universidad de Bolonia; no Cañada Blanch Centre of Spanish Contemporary History da London School of Economics and Political Science; no Instituto de Ciencias Sociais da Universidade de Lisboa ou no King’s College London, onde foi Visiting Fellow.
MÁIS INFORMACIÓN:
http://minius.webs.uvigo.es/