Presentación do libro 1936. O estatuto esquecido

Mañá martes 13 de decembro ás 20 h. no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, (Facultade de Historia, Praza da Universidade, 1), terá lugar a presentación do libro 1936. O estatuto esquecido. Este estudo, coordinado por Xosé Fortes Bouzán e editado pola Editorial Guiverny, ven a lembrar o estatuto de autonomía de Galicia plebiscitado en xuño de 1936e que non puido entrar en vigor polo golpe de estado do 18 de xullo dese ano e a posterior guerra civil e triunfo franquista.
Entre os colaboradores atópanse os membros de HISTAGRA Ramón Villares Paz, Lourenzo Fernández Prieto e Miguel Anxo Seixas Seoane.
Índice do libro:
1. Santiago de Compostela e o Estatuto do 36
2. O Estatuto de autonomía para Galicia de 1936
3. O Estatuto de 1936, unha alianza de galeguismo e republicanismo
4. Rodríguez Castelao: o valedor do Estatuto de autonomía de Galicia
5. A Galicia moderna de 1936. Modernidade antes do atraso do franquismo 6. A campaña do Estatuto
7. Os artistas do Estatuto
8. Un proxecto frustrado polo golpe militar de xullo do 36
9. Cine documental en Galicia (1931-36)
10. O resultado do plebiscito
11. A arquitectura xurídica do Estatuto do 1936 á vista da hermenéutica do século XXI
Máis información:
http://editorialguiverny.com
http://histagra.usc.es/gl/

Documentos