Daniel Lanero edita o traballo Migración/Migration

O membro de HISTAGRA Daniel Lanero ven de editar o traballo Migración/Migration, Cadernos Mateus DOC 09, Instituto Internacional Casa de Mateus e Consello da Cultura Galega, Mateus - Vila Real, 2016, 210 páxinas.O obxectivo do traballo presentado é reflexionar sobre o fenómeno das migración desde distintas aproximacións: políticas, filosóficas, éticas e xurídicas
Mateo DOC é un programa dirixido a investigadores de todas as áreas científicas que ten como principal obxectivo fomentar o diálogo interdisciplinar entre os novos investigadores. Os participantes comparten e debaten as súas reflexións e a súa investigación nunha perspectiva ampla para incluír con puntos de vista externos á súa área científica. Nesta ocasión as discusións céntranse ao redor do fenómeno das MIGRACIÓNS.
HISTAGRA na publicación:
Cadernos Mateus DOC IX conta coa dirección do investigador de HISTAGRA Daniel Lanero Táboas
Ligazóns de interese:
http://www.iicm.pt/media/magazine/MDOC_09.pdf
http://www.casademateus.com/home.htm