O GRUPO HISTAGRA CONSEGUE TRES PROXECTOS DE I+D+i DO MINISTERIO DE ECONOMÍA Y COMPETITIVIDAD

O Grupo HISTAGRA ven de conseguir tres proxectos de investigación en convocatoria pública do Ministerio de Economía y Competitividad. Os investigadores do Programa Ramón y Cajal Antonio Miguez Macho e Daniel Lanero e os profesores Lourenzo Fernández Prieto e Miguel Cabo Villaverde.
SOBRE OS PROXECTOS:
Mobilización social e poder local: A España rural entre a continuidade e o cambio político (1968 - 1982)
Daniel Lanero Táboas (IP)
Orzamento: 24.200 euros
Duración: 2015 - 2017
Resumo:
O obxectivo é avanzar no estudo, o coñecemento e a caracterización da sociedade rural española durante os anos finais da ditadura e o proceso de transición á democracia (1968 -1982).
Actitudes sociais en contextos de violencia estatal masiva: procesos de adaptación e resiliencia na retagarda da Guerra Civil española (Galicia, 1936-1939)"
Antonio Miguez Macho (IP)
Orzamento: 18.000 euros
Duración: 2016-2019
Resumo:
O obxectivo é profundizar no estudo das actitudes sociais ante a violencia máis alá da dicotomía entre vítimas e verdugos. Esta diversidade inclúe tamén un amplo espectro de accións de intermediación coas vítimas e/ou de promoción social e política no marco de establecemento do franquismo, nun marco comparado.
Os vectores do cambio estrutural das agriculturas atlánticas ibéricas: moto-mecanización e especialización leiteira. 1920-2000
Lourenzo Fernández Prieto e Miguel
Cabo Villaverde (IP)
Orzamento: 40.000 euros
Duración: 2016-2019
Resumo:
Estudaremos os principais elementos do cambio estrutural nas agriculturas atlánticas ibéricas do s. XX. Centrándonos no proceso de especialización leiteira e na motomecanización analizaremos o tránsito dunha agricultura de base orgánica a outra de base fósil pero tamén o dunha sociedade rural enmarcada no liberalismo a outra marcada pola ditadura.
MÁIS INFORMACIÓN:
http://histagra.usc.es/es/investigacions/tipo/proxectos-investigacion/
Fonte da Imaxe I: La Voz de Galicia
Fonta da Imaxe II: UGR