O investigador de HISTAGRA Daniel Lanero, participou nunha sesión organizada polo Ateneo de Santiago

O investigador de HISTAGRA Daniel Lanero, participou o pasado 25 de abril nunha nova sesión dos Luns do Ateneo.
Daniel Lanero, Investigador Ramón y Cajal do Grupo HISTAGRA ven de participar no ciclo de conferencias que o Ateneo de Santiago celebra baixo o título "Os Luns do Ateneo". Nesta ocasión, e por mor da celebración do 25 de abril, ofreceu a Conferencia titulada "Memoria do 25 de abril: corenta anos despois".
O Ateneo de Santiago é unha asociación sen ánimo de lucro constituída na cidade de Santiago de Compostela en 2002.
Máis información aquí