Alba Díaz-Geada participou no seminario do Agrarian Studies da Yale University (USA)

A investigadora post-doutoral do Grupo HISTAGRA, Alba Díaz-Geada participou o pasado 1 de abril no Programa de Estudos Agrarios da Yale University (USA). Alba Díaz-Geada presentará o traballo: Change in Common: Economic, Social and Cultural Transformations in Rural Galicia During Francoism and the Political Regime Change

Alba Díaz Geada (1985) é doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2013). Premio Nacional á Excelencia no Rendemento Académico Universitario, realizou o Máster en Historia Contemporánea (2009) e foi Bolseira FPU no Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC no Grupo de Referencia Competitiva HISTAGRA.

As súas liñas de investigación son: historia agraria e historia social, movementos sociais, cambio social e cultural, franquismo e transición á democracia.

Ligazóns de interese:
http://agrarianstudies.macmillan.yale.edu/
http://agrarianstudies.macmillan.yale.edu/colloquium
http://agrarianstudies.macmillan.yale.edu/sites/default/files/files/AgStudies-Spring2016Flyer-D1AK.pdf
http://calendar.yale.edu/cal/macmillan/day/20160401/All/CAL-2c9cb3cc-52282dc4-0152-7f38000c-00006660bedework@yale.edu/