Terceira circular do Congreso Internacional: "1936 ¿Un novo relato? 80 anos, entre historia e memoria" organizado por HISTAGRA

Santiago de Compostela, 18,19 e 20 de xullo de 2016

Seguir o congreso en directo

Organización do Congreso: Lourenzo Fernández Prieto, Antonio Miguez Macho, Dolores Vilavedra Fernández (USC)
Secretario: Gustavo Hervella García
Contacto: histagra@usc.es; + 34 881812734
Comité científico: Paloma Aguilar (UNED), Ramón Villares (USC), Fernando Rosas (U. Nova de Lisboa), Álvaro Garrido (U. de Coímbra), Xosé Manoel Núñez Seixas (USC e U. Ludwig-Maximilian de Múnich), Paul Preston (London School of Economics), Josefina Cuesta (USAL), Carlos Closa (CSIC), Pedro Ruíz-Torres (U. de Valencia), Miguel Cabo (USC), Eduardo Rico (USC), Xesús Balboa (USC), Alejandro Alonso (CUNY), Mª Jesús Baz (USC), Alberto de Bernardi (UNIBO).

MATRÍCULA AQUÍ

Sedes do Congreso:

Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, 1

Fundación Eugenio Granell
Praza do Toural, 8

Teatro Principal
Rúa Nova, 22

A 80 anos do golpe militar que derivou nunha guerra que precede á conflagración mundial e remata coa instauración por parte dos vencedores de catro décadas de ditadura; a 40 anos da morte do Ditador e da liquidación do réxime ditatorial que saíu da guerra, este Congreso xorde da necesidade de sentar as bases para unha reconceptualización da memoria e da historia sobre o golpe, a guerra e a ditadura. Preténdese logo valorar e analizar unha nova codificación que xa leva un tempo a desenvolverse e confrontala cuns relatos herdados que perviven, malia que con evidentes síntomas de esgotamento.
Deste xeito, historiografía e estudos literarios, dous ámbitos de coñecemento que se ocupan da Memoria,pretenden dialogar neste foro que se concibe como unha ocasión idónea para presentar e discutir, dende distintos enfoques, as visións e interpretacións que a sociedade española actual manexa dun pasado incómodo e a dimensión ética do seu coñecemento, pero tamén para debater sobre a necesidade dun novo relato sobre ese pasado e mais sobre os elementos dispoñibles para construílo.
Xa que logo, trátase de analizar ese relato herdado, baseado na idea de reconciliación da Transición pero construído sobre as razóns dos combatentes no conflito, as memorias fragmentadas de vítimas e verdugos,
a propaganda do vencedor e a amargura do perdedor. Tamén, de contrastalo e deconstruílo, de confrontalo con outras memorias -subalternas en relación ao relato social dominante-, e co novo caudal de coñecemento histórico e memorialístico, así como cos novos paradigmas que operan nos estudos literarios e culturais. A 80 anos do golpe, a 40 desta nosa democracia de hoxe. Servíndonos da ollada externa e a comparanza, e afrontando a dimensión ética do coñecemento do pasado.

DíA 1: LUNS 18 DE XULLO

Está esgotado o relato sobre a guerra civil?
Facultade de Xeografía e Historia

9:00 Inauguración

9:30 Conferencia plenaria. Ángel Loureiro (Princeton University): Memoria da historia, historia da memoria. A propósito da España do s. XX. Presentado por Lourenzo Fernández Prieto

10:30 Pausa

11:00-14:00 Mesa redonda
Moderador: Antonio Miguez Macho

Relatores:
Ángeles Egido León (UNED), Ulrich Winter (Philipps-Universität Marburg), Lourenzo Fernández Prieto (Universidade de Santiago de Compostela)

Retrucantes:
Jesús Izquierdo Martín (Universidad Autónoma de Madrid), Xermán Labrador (Princeton University), Daniel Lanero Táboas (Universidade de Santiago de Compostela), Xavier Pla Barbero (Universitat de Girona)

Debate aberto até o fin da sesión

16:30-18:30 Sesión de comunicacións: Novas perspectivas de investigación I

Sesión 1: Novas perspectivas para un novo relato
Presidente: Manuel Ortiz-Heras
Relator: Xesús Balboa

Sesión 2: Discurso e memoria
Presidente: Raquel Macciuci
Relatora: Elina Liikanen

Teatro Principal

19:00 Conferencia. Carlos Castresana (Xurista e fiscal):
Memoria, historia e xustiza transicional
Presentado por Ramón Villares Paz

DÍA 2: MARTES 19 DE XULLO

Un novo coñecemento para outro relato

Facultade de Xeografía e Historia

9:30 Conferencia plenaria. Antonio Cazorla (Trent University): O relato e o seu formato: o papel da Historia Pública
Presentado por Antonio Miguez Macho

10:30 Pausa

11:00-14:00 Mesa redonda
Moderada por Dolores Vilavedra Fernández

Relatores:
Carlos Gil Andrés (Instituto de Educación Secundaria Inventor Cosme García de Logroño), Elina Liikanen (University of Helsinki), Antonio Miguez (Universidade de Santiago de Compostela)

Retrucantes:
Ana Cabana Iglesia (Universidade de Santiago de Compostela), Emilio Grandio Seoane(Universidade de Santiago de Compostela), Aurora Artiaga Rego (Universidade de Santiago de Compostela), Óscar Rodríguez Barreira (Universidad de Almería)

Debate aberto até o fin da sesión

Fundación Granell

17:00 Mesa Café literario con Manolo Rivas e Suso de Toro
Presentado por Dolores Vilavedra

Teatro Principal

19:00 Conferencia. Elizabeth Jelin (CONICET, Arxentina): Os tempos das memorias. Recordos, silencios e olvidos en perspectiva comparada
Presentada por Francisco Caamaño

DÍA 3:  MÉRCORES 20 DE XULLO

A dimensión ética dos novos relatos sobre o pasado incómodo

Facultade de Xeografía e Historia

9:30 Conferencia plenaria: Reyes Mate (CSIC): Memoria e relato: obriga a mirada moral ao pasado a un novo relato?
Presentado por Dolores Vilavedra Fernández

10:30 Pausa

11:00-14:00 Mesa redonda
Moderada por Lourenzo Fernández Prieto

Relatores:
Manuel Cruz (Universitat de Barcelona), Miguel Anxo Murado, Dolores Vilavedra (Universidade de Santiago de Compostela)

Retrucantes:
Mari Jose Olaziregi (Universidad del País Vasco/Instituto Vasco Etxepare), Xabier Etxeberría Mauleón (Universidad de Deusto), Julio Prada Rodríguez (Universidade de Vigo), Carlos Teijo García (Universidade de Santiago de Compostela)

Debate aberto até o fin da sesión

16:30-18:30 Sesión de comunicacións: Novas perspectivas de investigación II

Sesión 1: Novas perspectivas para un novo relato
Presidente: Julián Chaves
Relator: Miguel Cabo

Sesión 2: Discurso e memoria
Presidente: António Gil
Relatora: Sergio Riesco

Teatro Principal

19:00 Conferencia. Ben Kiernan (Yale University): Unha historia global do xenocidio desde a antigüidade até os nosos días
Presentado por Álvaro García

Clausura

Documentos