Novo faladoiro da Cátedra Juana de Vega en colaboración co Grupo HISTAGRA: Socioloxía do leite. A cara oculta do leite galego. Streaming en juanadevega.org

Os  faladoiros da  Cátedra  Juana  de  Vega  son  espazos de discusión  e  debate  abertos arredor  dun  tema  ou  un  problema  importante do presente e do  pasado  que  queren analizar en toda a súa dimensión e con toda liberdade pero con todo o rigor, enlazando o coñecemento e a perspectiva universitaria co coñecemento e a perspectiva profesional e dos sectores implicados.

Neste  caso  falarase da  Socioloxía  do  leite;  das   persoas  e  os  actores  que  o producen:  do  asociacionismo  e  dos   modelos  e  formas  de  asociación;  de  como  se organizan  os  leiteiros,  desde  a  familia  e  a  parroquia  até  o  ámbito  galego,  estatal  e europeo.

Máis info en  Fundación Juana de Vega

Documentos