O membro de HISTAGRA Fran Quiroga participará como relator na University of Pennsylvania

A University of Pennsylvania impulsa a través do Departamento de Español e Portugués o Congreso Cartografías de Comúns, Comunidade e Soberanía, no que o colaborador de HISTAGRA e coordinador do CulturaLab do Máster de Servizos Culturais da USC, Fran Quiroga, disertará arredor dos Comúns, acontecementos e desbordamentos. O congreso que terá lugar na cidade de Philadelphia (USA) aborda o tema dos comúns, a comunidade e a soberanía dende unha perspectiva transnacional e transhistórica. E conta con relatores como Silvia Federici, quen abordará os comúns do futuro, ou Marina Garcés, filósofa que ten analizado nas súas investigacións as loitas sociais en Barcelona dende unha aproximación filosófica.

Máis información en: http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2016_01/noticia_0100.html