HISTAGRA volta a acadar un importante éxito na última convocatoria do Programa Ramón y Cajal (MINECO)

O Investigador de HISTAGRA Antonio Miguez Macho foi un dos aspirantes merecedores dun contrato de reincorporación Ramón y Cajal na Área Científica “Historia y Arte”. Por segundo ano consecutivo, o Grupo HISTAGRA consegue repetir o éxito que xa o ano pasado acontecera con Daniel Lanero Táboas. Antonio Miguez desenvolverá a súa actividade investigadora durante os vindeiros cinco anos no marco do Depto de Historia Contemporánea e de América e do Grupo de Investigación HISTAGRA. Seguirá a traballar nas liñas que xa viña desenvolvendo nos anos pasados e que tamén lle supuxeron o recoñecemento cun contrato de investigación do Programa Marie Curie Fellow da UE.

Antonio Míguez Macho (Santiago de Compostela, 1979) é Doutor en Historia da Universidade de Santiago de Compostela (2006), coa tese La construcción de la ciudadanía a través de los movimientos sociales. El movimiento obrero en Galicia (1890-1936). Premio Extraordinario Fin de Carreira no 2001 e Premio Extraordinario de Doutorado. Investigador contratado polo “Programa Ángeles Alvariño” no Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC (2008) e ven derealizar unha estadía de investigación no Cañada Blanch Centre for Contemporary Spanish Studies (The London School of Economics and Political Science, Londres). As súas liñas de investigación son: historia dos movementos sociais e os procesos de construcción da cidadanía. Actualmente pretende proseguir as súas investigacións sobre a formación da clase obreira e a loita pola adquisición de dereitos-deberes de cidadania, ampliando a súa perspectiva temporal e espacial. En particular, está interesado en analizar en qué sentido os réximes de signo totalitario como o franquismo, puideron influír na configuración dos valores e actitudes cidadás do pasado e presente expresadosna sociedade civil e os seus actores colectivos.

Entre as súas publicacións destacan: (2008): La construcción de la ciudadanía a través de los movimientos sociales. El movimiento obrero en Galicia (1980-1936), Fundación 10 de marzo; (2008): “O adolescente viril: o Maurismo en Galicia, 1914-1923″, en Libro Homenaxe ao Profesor DR.D Xosé Ramón Barreiro Fernández, USC, Santiago deCompostela; xunto a CABO VILLAVERDE, M. (2008): La inmensa minoría: la fugaz experiencia y las perdurables consecuencias de la Solidaridad Gallega, Ed. Base; (2009): Xenocidio e represión franquista en Galicia. A violencia de retagarda en Galicia na Guerra Civil, Lóstrego; (2011): Historia Breve de Galicia, Madrid, Síleex.